Prueba de código qr
Páxina do Centro
Ola Bitacoriñas!!!
Benvidos ao nose Blogue!
Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.
Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.
Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:
Os vosos comentarios son importantes para nós.
Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.
Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.
Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:
Os vosos comentarios son importantes para nós.
14 feb 2022
1 may 2017
8 may 2015
SUSA HERRERA VISITA O CPI DA RIBEIRA
Dende o equipo de Dinamización da lingua organizouse unha visita moi importante ó noso centro.
Susa Herrera chegaba o CPI da Ribeira o vindeiro mércores 29 de Abril para deleitarnos coa presentación do seu novo traballo " Cantos Animais ", un verdadeiro espectáculo no que se combinaron palabra, música e movemento.
Susa Herrera conseguiu en pouco tempo crear un ambiente de empatía e bo humor no que disfrutaron non só os maís cativos senon que tamén os mestres e mestras arrancaron a cantar e bailar ó son das súas coreografías.
Como agradecemento a esta visita, quixemos agasallar a Susa Herrera cun fermos cadro que fixo a profesora de plástica de Secundaria reproducindo o debuxo dun neno.
Moitas grazas Cris por botarnos unha man
MOITAS GRAZAS SUSA!!!
16 may 2014
DIA DAS LETRAS GALEGAS
LETRAS GALEGAS
Para conmemorar o día das Letras Galegas o 17 de Maio, adicado este ano a Xosé María Díaz Castro, os nosos pequechos aprenderon o poema "Esmeralda" do seu poemario en galego Nimbos.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra, esperamos que vos guste.
5 may 2014
Felicidades mamás
Con este vídeo os pequechos ribeiráns queremos decirlle ás nosas mamás o moito que as queremos. Moi feliz día mamás.
15 feb 2014
Rosalía Pequeniña...
Con motivo da conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro, @s nen@s de Educación Infantil aprenderon o poema " Rosalía Pequeniña", recollido no libro-disco de Uxía Senlle onde hai composicións adicadas á poeta de Padrón.
8 nov 2013
SAMAÍN NO CPI DA RIBEIRA
SAMAIN RIBEIRA - foto montaje
Chegou o Samaín ao CPI da Ribeira e veu cargado de moitas, moitas sorpresas.
Visitounos Mr. Drácula e as Draculauras, tivemos taller de maquillaxe e perruquería, disfrazámonos, fixemos fotos terroríficas e cociñamos unha merenda moi especial.
4 oct 2013
21 jun 2013
Lipdub Educación Infantil
O Equipo de Educación Infantil do CPI da Ribeira quere agradecer a todas as familias a confianza que despositaron en nós durante todo o curso, para elo embarcámonos nunha nova aventura , collémonos de cámara e creamos un LIPDUB para felicitar as vacacións, foron horas de grabación e sobre todo montaxe, pero con estes actores e un gran traballo en equipo é doado lucir sempre.
Esperemos que vos guste!!!
FELICES VACACIÓNS !!!!!
Festival de Fin de Curso
Aquí vos deixamos o vídeo do festival de fin de curso para que o disfrutedes dende as vosas casas con aquelas persoas que non puideron asistir.
Este curso decidimos facer un festival para todos os gustos e estilos, como puidestes ver, @s nos@s pequech@s péganlle a todo, bailaron realmente xenial, disfrutaron moito e meteron ao público no bolsillo.
Dende aquí agradecer á nosa diseñadora polo gran traballo de corte e confección de vestiario....con estes traxes Cibeles non nos da envexa ningunha....Gran traballo profe Mª Carmen !!!
Noraboa pequech@s !!!!
6 jun 2013
Proxecto 100 anos de cine sonoro..."Singing in the rain"...
O alumnado de Educación Infantil temos moita sorte de poder contar coa colaboración do profesorado de secundaria do noso C.P.I. e @s seus alumn@s que nos miman e nos acollen en moitos dos seus proxectos.
Esta vez foi a profe Mar Cuba a que nos convidou a participar nun fermoso vídeo dentro do proxecto 100 anos de cine sonoro que se levou a cabo durante este curso no centro.
Foi todo un éxito xa que @s nos@s cativ@s disfrutaron moito cos paraugas e as botas de auga bailando baixo a choiva.
Esperamos disfrutedes vendo estas imaxes tanto coma nós......Grazas profe Mar !!!
Amadriñamentos lectores 2013
A biblioteca do CPI da Ribeira organiza cada ano unhas xornadas nas que os máis grandes amadriñan e apadriñan ós máis pequenos.
Este fermoso vídeo foi sacado da biblioteca do noso centro, aquí volo deixamos porque : " unha imaxe vale maís que mil palabras ".
Moitas grazas profe Inés por compartilo , tamén agradecemos ao alumnado de 1º , 3º , 4º da E.S.O. e as exalumnas que están a estudar bacharelato no IES Ribeira do Louro por agasallarnos con estas xornadas tan bonitas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)