Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


20 nov 2011

O OUTONO CON ARCIMBOLDO E CORRE, CORRE CABACIÑA

Traballamos o Outono partindo do conto "corre, corre cabaciña". Trouxemos á aula cabazas de todas as formas e tamaños, medímolas, pesámolas, clasificámolas, diferenciamolas en lisas e rugosas, redondas e alargadas, grandes e pequenas. Abrímolas e quitámoslle as sementes, e incluso probamos un anaco.
         Con Arcimboldo traballamos os froitos do Outono, fixemos unha degustación de froitos secos e carnosos, diferenciamolos, fixemos zume, xogamos a adiviñar froitos, fixémos estadística e parece que o zume de laranxa gañou ao de limón e o de pomelo.
Foi un traballo onde predominoú a experiencia directa e o traballo cos 5 sentidos.
ESTA É A CANTIGA DE "CORRE, CORRE CABACIÑA"....XA VEREDES....SABÉMOLA ENTEIRA!!!!