Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


25 may 2012

MIKA E PATO VAN DE VISITA

Chegar a un centro e adaptarse non é nada doado, mais complexo ainda cando un ten 3 aniños e se ten que separar da súa figura de apego e enfrentarse soiñ@ a un montón de cambios. 
Nesto consiste ir medrando, en ir superando barreiras e dificultades que nos van preparando para outras cada vez mais complexas e inevitables.
Na aula de 3 anos tivemos dúas mascotas moi especiais que nos axudaron a superar unha das barreiras máis difíciles, a incorporación á escola. 
Mika e Pato todas as mañás nos saudaban cunha cantiga e cun biquiño de bos días, convertíndose así nuns personaxes moi significativos para nós.
Un dos momentos máis especiais foi cando Mika e Pato viaxaron a todas as casas para coñecer ás familias.



17 may 2012

FACENDO "MAXIA"

Chegou a primavera e a clase de 4 anos encheuse de cores. 

Un pouco de imaxinación, as nosas mans e....tachán!!!

Fixemos maxia...queredes saber como?


A profe Elsa.

14 may 2012

Este ano o día das letras galegas está adicado a Valentín Paz Andrade.
Na nosa páxina do centro atoparedes información e recursos  sobre a vida e obra deste autor, así como distintas actividades en distintos formatos para traballar cos máis cativos.

o polo pepe


6 may 2012

FELICIDADES MAMÁ...



No día de hoxe , non podía faltar unha felicitación para TODAS as mamás no seu día, tamén para todas as avoas e todas aquelas persoas que cumpren a función de mamá.
 A todas elas , queremos enviarlles unha mensaxe de alguén moi especial , do seu agasallo máis grande , porque elas o merecen.

                  GRAZAS MAMÁ, MOITAS FELICIDADES !!!

3 may 2012

O NOSO DOSSIER

Este é o caderno con algunhas das actividades que fixemos na aula, si facedes clic nel podedes velo en grande. 
Como podedes ver, traballamos o número, a medida, o peso, fixemos estadística, comparamos, contamos, fixemos series, clasificamos, ordeamos palabras, escribimos palabras,comparámolas en grandes e pequenas, rodeamos letras, aprendemos cantigas, adiviñas, poemas, traballamos a grafomotricidade , moldeamos, pintamos. 
Traballamos a identidade, a autoestima, o respeto as diferenzas (color de pelo, de ollos, de pel).
E o mais importante, fixémonos preguntas, buscamos respostas, sacamos conclusións, que ao fin e ao cabo, neso consistía a visita de Pepito.
E sobre todo,  sobre todo, DIVERTÍMONOS APRENDENDO.

1 may 2012

FACEMOS UN AUTORRETRATO...

Fixemos un autorretrato, primeiro aplastamos masa branca sobre unha silueta da cara.






  Carla e Adriana facendo o seu autorretrato








David e Jerobe moi concentrados


   




Logo entre tod@s fomos facendo churros
con plastilina e coa axuda da profe
puxémoslle o pelo.






que bonito nos quedou Uxía !!!!






logo
fomos
poñendo
detalles





                                                                                                 Parece que esta nariz é moi longa, di Adriana





David colocando os ollos e a boca                                        





Saúl con moito coidadiño colocando os ollos











ASÍ DE BONITOS QUEDARON OS NOSOS CADROS



Faltan algúns cadros por rematar, xa que hai nen@s que faltaron a escola durante estos días.
Cando os rematemos tamen os subireí para que os vexades.