Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


23 feb 2012

Así foi o entroido! | osquelemos

Así foi o entroido! | osquelemos

Aquí tedes un enlace para poder ver un vídeo moi bonito publicado na páxina da nosa biblioteca, que fai un resumo do entroido no centro. Espero que disfrutades tanto como eu disfruteí cando o vín. Noraboa as nosas bibliotequeiras por ese gran traballo que están a realizar.

22 feb 2012

A VOLTA AO MUNDO COMEZA EN GALICIA


Este ano no cole escollemos como temática para o entroido "A volta ao mundo".
 En Educación Infantil escollemos disfrazarnos de galeguiñ@s, xa que para viaxar a lugares mais lonxanos tíñamos que partir da nosa terra.
Grazas papás e mamás por votarnos unha man cos disfraces, grazas tamén por os doces tan ricos que nos fixestes, ainda que non saiades tod@s no vídeo, GRAZAS,  pq sin a vosa participación non sería posible.
Os/As  vos@s pequech@s disfrutaron moito do día, e despois dun longo desfile, agradecemos moito chegar ao centro e atopar cuns doces ben ricos para repoñer forzas.

O MECO TRAPALLEIRO MANDOUNOS LEVAR SOMBREIRO....


16 feb 2012

O MECO MANDA TRAER PIXAMA

.Comeza o entroido na escola, este mércores o Meco mandoú traer pixama. Como podedes ver, aos nos@s pequech@s non lles faltoú detalle, viñeron cos seus bonecos preferidos, as súas pantufliñas, os pixamas e as batas de casa. Foi moi divertido andar polo cole en pixama..