Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


30 abr 2012

DISFRAZÁMONOS DE PEPITO..













                           

                   MEDÍMONOS


         



 PESÁMONOS  








Debuxamos o noso pé e colocamos na ficha o número que calzamos, fixemos estadística: mais grande que..., mais pequeno que...igual que....representamos a medida nunha táboa gráfica. Pesámonos e colocamos os kg na ficha .
                                                       
                   Disfrazámonos de Pepito


Coa axuda de Pepito comparamos e buscamos ósos grandes, ósos pequenos, ósos grosos e ósos delgados, coñecemos o óso mais longo do corpo.
  Agora sabemos onde temos as costelas e que sirven para protexer o corazón e os pulmóns, tamén sabemos que o corazón está gardado nunha caixiña dentro da costelas. Sabemos que temos ósos para non caernos, e como a Pepito lle estaba a caer o cranio contínuamente quedounos moi clara esta palabra e sabemos que debaixo está o cerebro.



 LEEMOS UN CONTO SOBRE O CORPO









E FIXEMOS UN PUZZLE XIGANTE QUE NOS DEIXOU A PROFE CHUS




26 abr 2012

CHEGOU PEPITO A AULA DE 3 ANOS...

Durante o segundo trimestre @s nen@s de 3 anos tivemos unha visita diferente e un pouco estraña, unha mañá nada mais entrar atopámonos cun esquelete xigante,  o primeiro que fixemos foi ir correndo a tocarlle.                                                                                                                              
                                                                                           
 De onde viña?


  quen era? 









como se chamaba?



quen o trouxo?


                    
para que era?







íase quedar na clase?







En milésimas de segundo xurdiron moitas preguntas, risas e inquedanzas. 
Na asamblea plantexaron diferentes nomes para o esquelete: que si Moreno, que si Xitana, que si Kati , ao final por maioría absoluta acordamos chamarlle Pepito. 






 Para que Pepito se sentira cómodo fixémoslle un rinconciño onde íamos poñer moitos libros que nos falaran del.


E no taboleiro da aula fomos
colocando todas as fichas 
que íamos facendo día a día.








DARLLE AS GRAZAS A TANIA, A MAMÁ DE SHEILA, QUE NOS DEIXOU UN LIBRO SOBRE O CORPO HUMANO

E SOBRE TODO, DARLLE MIL GRAZAS A PROFE CHÚS DE SECUNDARIA, E AO SEU NENO ANTÓN, QUE NOS DEIXARON MOITO MATERIAL SOBRE O CORPO HUMANO, LIBROS,XOGOS E UN PUZZLE. GRAZAS PROFE, UN BIQUIÑO ENORME.

23 abr 2012

DÍA DO LIBRO

23 de abril, día do libro. O amor pola lectura comeza na infancia, non desaproveitamos esta marabillosa idade para que os nosos nenos e nenas vivan fantásticas aventuras.

CAMPANILLA AZUL

Chegou a primavera, campanilla quere espertar pero necesita dos seus amigos , a auga , o vento o ceo e o sol .
  Cada un deles vaille dar un pouquiño de seu e campanilla vai converterse nunha bonita flor.

20 abr 2012

A PRIMAVERA NO CPI...

O tempo pasa......xa estamos disfrutando da Primavera.....os días xa son mais longos...as nosas árbores do xardín empezan a brotar....cando saimos ao patio atopamos algún que outro vermiño ....e os corredores do CPI xa se ven mais coloridos....

17 abr 2012

FACEMOS UN VOLCÁN....

@s nen@s de 5 anos teñen claro cos dinosauros desapareceron como causa dun gran volcán que arrasou con todo.

 Pero que é un volcán ??? se preguntaban tod@s.... 

A resposta deulla a profe Maricarmen a través dun sinxelo experimento que foi todo un éxito. 

Puxéronse mans á masa e cun vasiño de plástico e un pouco de pasta branca fixeron o seu própio volcán. 






















PINTARON CON TÉMPERA MARRÓN





                                            

A EROSIÓN..

Chegoú o momento, xa tiñan o volcán feito, agora tiñan que facelo erosionar..




....QUE NEEERVIIIOSSS!!!!... 




1. Botaron un pouqiño de BICARBONATO


                     QUE DIVERTIIIDOOO  PARECÍA AQUILO !!!






2. UN CHORRIÑO DE VINAGRE.


 E TATATACHAAANNN!!!..A EROSIÓÓÓN !!!








 UISSS....PARECE QUE ULÍA UN POUCO MAL

             

    Así quedaron os seus volcáns


A CONFERENCIA

Ao rematar o proxecto dos dinosauros, @s pequech@s sabían tantas cousas que quixeron compartilas c@s mais grandes do cole. 
Dende o noso blogue agradecemos ao alumnado de 4º da ESO e ao profesor de bioloxía, Xosé Antón, por adicar un anaquiño do seu tempo a escoitarnos, pero sobre todo, por facernos sentir importantes ao interasarse por aquelas pequenas cousas que sabemos e queremos transmitir.



No blogue de Xosé Antón podedes ver mais fotos desta conferencia http://ribeirensis.blogspot.com.es/search/label/Dinosauros , convidovos a que o visitedes porque é un blogue moi interesante no que podedes aprender moitas cousas. 


16 abr 2012

SEGUIMOS CELEBRANDO CUMPREANOS...



             

                 
                     FELICIDADES
                 ADRIANA !!!












  QUE  TODOS OS TEUS 
DESEXOS  SE FAGAN 
REALIDADE...






                 FELIZ     CUMPREANOS PEQUECHA !!!                                  




15 abr 2012

Apadriñamento lector

     Como motivo do Día Internacional da Literatura Infantil, 2 de Abril, dende a Biblioteca propuxeron realizar unha semana de apadriñamentos e amadriñamentos. Consistía en que un/unha nen@ de secundaria lle narraba un conto a un/unha nen@ de infantil.
     
       Estes días foron moi especiais, agradecemos aos rapaces e ás profes da Biblioteca que nos adicaron un anaquiño do seu tempo .
     
       Os/As primeir@s en disfrutar desta actividade foron @s nen@s de  5 anos, o venres tocoulles aos de 4 e a vindeira semana gozarán dela os de 3. Seguro que o disfrutan moitísimo.

      Foi un momento moi fermoso, onde compartiron moito máis ca un conto...e como agradecemento, as nos@s madriñas e padriños tamén tiveron un pequeno agasallo. 



Sairon tod@s moi guap@s na foto de familia. 


Bicos e ata pronto.

A profe Elsa