Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


30 jun 2012

29 jun 2012

FELICES VACACIÓNS


QUE DISFRUTEDES MOITO DAS VACACIÓNS!!!


VIDEOCLIP "SON RIBEIRA"

Como remate final, aquí tedes o videoclip realizado polo profes de secundaria coa colaboración do alumnado e profesorado do centro. PRECIOSO!!!!!

Tod,@s  "somos Ribeira"

Noraboa profes !!! un gran traballo.


UN CURSO INTENSO EN 4 ANOS




Bicos para tod@s os meus pequechos e ata sempre. Nunca se sabe cando nos volveremos ver.







Ata sempre compañeiras



A profe Elsa

15 jun 2012

2ª SEMENTEIRA NA CLASE DE 4 ANOS

Xa que a nosa primeira sementeira non saíu de todo ben debido a un repentino exceso de temperaturas....volvémolo intentar, desta volta con sementes de cabaza, calabacín e clavel do poeta...a ver se temos sorte.








E unha semana despóis....






Aquí están as nosas cabaceiras!!!



A profe Elsa

1 jun 2012

FOMOS Ó TEATRO

No mes de Maio fomos a Vigo ver unha obra de títeres: Pingüín. 

Pingüín é unha historia que aborda o tema dos celos. Nesta ocasión, o protagonista do conto, o pingüín Bobo, verá como a súa vida comeza unha etapa nova no momento en que os seus pais lle comunican que vai ter un irmán. 

Logo do teatro, fomos merendar a un parque próximo onde o pasamos xenial.