Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


24 may 2013

23 de Abril , día do libro

No día do libro ( 23 de Abril ), dende o Equipo de Normalización Lingüística do centro organizaouse unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro como motivo do 150 aniversario da publicación do seu famoso libro : " Cantares Galegos".
Aqueles que non puidestes asistir , podedes ver o acto na páxina do centro ou dende o seguinte enlace:


O alumnado de Educación Infantil participa nesta homenaxe facendo unha ilustracción do poema: "Campanas de Bastabales ".  Esta ilustracción está baseada en cadros de  famosos pintores galegos.






16 may 2013

Saída ao centro hípico Alazán....



Aquí vos deixamos as fotos da excursión que fixemos ao centro hípico Alazán, @s  vos@s  xinetes disfrutaron moito ainda que o tempo non acompañou.
Dende o noso blogue queremos agradecer ás monitoras da hípica o trato que nos deron, esperamos poder repetir a experiencia porque sen dúbida nos encantoú.

10 may 2013

O mago Fran e os seus amigos....

Fai pouco tivemos unha visita moi especial, O mago Fran e os seus amigos viñeron ao noso cole e xuntos pasamos unha xornada máxica e moi divertida.
Mago Fran, moitas grazas por visitarnos, esperamos que che gustara o noso agasallo.