Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


21 jun 2013

Lipdub Educación Infantil



O Equipo de Educación Infantil do CPI da Ribeira quere agradecer a todas as familias a confianza que despositaron en nós durante todo o curso, para elo embarcámonos nunha nova aventura , collémonos de cámara e creamos un LIPDUB  para felicitar as vacacións, foron horas de grabación e sobre todo montaxe, pero con estes actores e un gran traballo en equipo é doado lucir sempre.
Esperemos que vos guste!!!


FELICES VACACIÓNS !!!!!

Festival de Fin de Curso



Aquí vos deixamos o vídeo do festival de fin de  curso para  que o disfrutedes dende as vosas casas con aquelas persoas que  non puideron asistir.
Este curso decidimos facer un festival para todos os gustos e estilos, como puidestes ver,  @s nos@s pequech@s péganlle a todo, bailaron realmente xenial, disfrutaron moito e meteron ao público no bolsillo.

Dende aquí agradecer á nosa diseñadora polo gran traballo de corte e confección de vestiario....con estes traxes Cibeles non nos da envexa ningunha....Gran traballo profe Mª Carmen !!!

Noraboa pequech@s !!!!

6 jun 2013

Proxecto 100 anos de cine sonoro..."Singing in the rain"...



O alumnado de Educación Infantil temos moita sorte de poder contar coa colaboración do profesorado de secundaria do noso C.P.I. e @s seus alumn@s que nos miman e nos acollen en moitos dos seus proxectos.
 Esta vez foi a profe Mar Cuba a que nos convidou a participar nun fermoso vídeo dentro do proxecto 100 anos de cine sonoro que se levou a cabo durante este curso no centro.
Foi todo un éxito xa que @s nos@s cativ@s disfrutaron moito cos paraugas e as botas de auga bailando baixo a choiva.
Esperamos disfrutedes vendo estas imaxes tanto coma nós......Grazas profe Mar !!!

Amadriñamentos lectores 2013



A biblioteca do CPI da Ribeira organiza cada ano unhas xornadas nas que os máis grandes amadriñan e apadriñan ós máis pequenos. 
 Este fermoso vídeo foi sacado da biblioteca do noso centro, aquí volo deixamos porque : " unha imaxe vale maís que mil palabras ".
Moitas grazas profe Inés por compartilo , tamén agradecemos ao alumnado de 1º , 3º , 4º da E.S.O. e as exalumnas que están a estudar bacharelato no IES Ribeira do Louro por agasallarnos con estas xornadas tan bonitas.