Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


31 ene 2013

31 de Xaneiro- día da paz



Había elefantes novos,

                 
elefantes vellos
 






elefantes  grosos

         elefantes  fracos



                          elefantes   altos


                                                                                        


   elefantes baixos


elefantes  así e asá



 


 todos diferentes, 

       pero todos 


               da mesma cor....



             TODOS MENOS ELMER.......

Baixo o lema de " todos somos iguais, todos somos diferentes" @s nen@s de educación infantil traballamos o día da paz na compaña do noso elefante preferido...

29 ene 2013

O GUERNICA DA PAZ

Os nenos de 5 anos estamos traballando a Pablo Picasso e con motivo do día da Paz, decidimos traballar o seu cadro tiulado "Guernica", que Picasso pintou en blanco e negro como resultado da guerra que, precisamente, estaba bombardeando esta cidade. Nós, dende Torneiros, queremos que as guerras desaparezan e repirar paz, pero non só un día o ano, senón todos. Así pois, decidimos facer a nosa propia versión deste famoso cadro de Pablo Picasso, pintándoo con moitas cores alegres, porque todos os días queremos ser moi felices e respirar un AMBIENTE DE PAZ!

10 ene 2013

Elmer o elefante de cores


             Xa estamos aquí!!!!
       Despois dunhas merecidas vacacións voltamos á escola con moitas gañas de aprender.
Parece que nos portamos moi ben durante o curso porque os reis magos nos deixaron algúns agasalliños nas aulas.
    Os que maís nos gustaron foron os contos novos. Estamos moi ilusionados e durante este trimestre imos traballar a Elmer.

 xa estamos mans ao conto !!!!

22 dic 2012


O equipo de Educación Infantil do CPI da Ribeira , desexavos:

                                              
Custom Glitter Text

BONECO DE NEVE...

Para rematar o festival  @s  nos@s  pequech@s bailaron "boneco de neve".... e Papá Noel repartiu unha chea de caramelos para tod@s....
                       
PASÁMOLO XENIAAALLLLL!!!!!



CALENDARIO 2012-2013


No CPI da Ribeira preparamos para nadal un calendario moi especial, aquí volo deixo para que tod@s aqueles que non pudestes vir a vernos o disfrutedes dende as vosas casas.
Fallounos o son....pero @s nos@s pequech@s fixérono xenial.

NORABOA PEQUECH@S!!!


21 dic 2012

AS PROFES BAILANDO OS CALZÓNS DE PAPÁ NOEL

Hoxe pola mañá viñeron á nosa escola unhas duendecillas moi malvadas que lle esconderon os calzóns a papá noel....menos mal que ao final os puido atopar e do contento que se puxo repartiu unha morea de caramelos aos nos@s pequech@s....

GRACIAS PAPÁ NOEL POR VIRES VISITARNOS, VOLVE PRONTO!!!



20 dic 2012

FELICES FESTAS PARA TODOS!

Os nenos de Educación Infantil deséxanvos a todos, BO NADAL!!!!!!!

A ÁRBORE DE NADAL DO CPI DA RIBEIRA

Porque é unha obra de arte, non podía estar noutro lugar que no noso blogue!! Gracias ó equipo de normalización lingüística por facelo posible e a todas as familias e compañeiros/as que participaron traeron rolos,e por suposto, os nenos de todo o centro que se adicaron a pintalos!!!!! Gracias a todos e...

                                                              BO NADAL!!!!!!

17 dic 2012

A BRUXA MARUXA MANDA UN SAUDIÑO...


A bruxa Maruxa mandounos unha mensaxe dende o seu castelo, @s nen@s non daban crédito, si que lle colleron cariño a esta bruxiña.....non sei porque será....porque mira que é fea.......quizais estamos a aprender que a beleza das persoas vai por dentro e non por fóra....soamente hai que adicar un pouco de tempo a coñecelas....

UN BIQUIÑO PARA TÍ TAMEN BRUXA MARUXA !!!....

MOI PRONTO IREMOS AO TEU CASTELO  A VISITARTE.

BRUJITO DE GULUBÚ

E aquí vos deixamos este pequeno vídeo da visita que lle fixemos o Brujito de Gulubú, que xunto co seu axudante, fíxonos uns experimentos que nos deixaron coa boca aberta!!!!! Así estábamos de atentos... Un saúdiño dende aquí para os dous, que esperamos volver a velos moi pronto nalgunha outra aventura.

13 dic 2012

DENTRO DEL CASTILLO...POR SAAD DE 3 ANOS




Seguro que ultimamente escoitastes moitas veces esta canción nas vosas casas, foi todo un éxito nas aulas de infantil.
O pequechiño Saad da aula de 3 anos vola canta en primicia. Ten moito mérito, pero ainda maís si vos contamos que Saad é un neno que lle custaba entender e falar o noso idioma. Un gran traballo por parte da súa profe e todo un exemplo de superación por parte deste pequecho de 3 anos.

Non me digades que non da gusto escoitalo e velo disfrutar tanto!!!!

NORABOA SAAD !!! ERES UN SOLETE!!!....


8 dic 2012

MERENDA DE BRUXAS!

E, como non podía ser menos, o día de Samaín tiñamos que celebralo por todo o alto e cunha merenda moi moi especial e terrorífica...
O menú, variado...
De primeiro: dedos de bruxa ensangrentados... que resultaron estar deliciosos... tanto que repetimos ata deixar a todas as bruxas sen dedos e, de segundo: castelo de chocolate... delicioso!!!!

E para non entretervos máis... aquí vos deixamos a mostra... para que vexades o ben que o pasamos e como nos puxemos... ata chupamos os dedos... !!!!!!!!!!!

5 dic 2012