Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


16 ene 2012

COCORICO

Cocorico é o conto que estamos traballando na aula, trata dun poliño un tanto lambón, comeú todo o pastel que lle fixo a súa mamá esquecéndose de cumprir a promesa que lle fixo a Gato Pelado. Qué pasará cando Gato Pelado veña buscar a súa metade de pastel?...
Cocorico é un conto que consigue plasmar con maestría os sentimentos das personaxes: a inquedanza e medo do poliño, a tenrura da mamá galiña, a furia do Gato Pelado...a través das imaxes logra transmitir emocións e  chegar fondo aos mais pequenos, de xeito que piden unha e outra vez que llelo contes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS SON IMPORTANTES PARA NÓS