Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


20 mar 2012

POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA

Comparto convosco un dos libros mais bonitos que leín, dunha maneira moi sinxela e a través de personaxes esquemáticos, Jérôme Ruillier reflexa de maneira sorprendente os valores da amizade , o respeto ás diferenzas,  en poucas páxinas nos da a clave para convivir todos xuntos sen tratar de cambiar a ninguén, simplemente se trata de " catro esquiniñas de nada".  Oxalá se sigan cortando moitas, moitas desas esquiniñas para que todos os cadradiños poidan estar xunto aos seus amigos os redondos .

2 comentarios:

OS VOSOS COMENTARIOS SON IMPORTANTES PARA NÓS