Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


26 abr 2012

CHEGOU PEPITO A AULA DE 3 ANOS...

Durante o segundo trimestre @s nen@s de 3 anos tivemos unha visita diferente e un pouco estraña, unha mañá nada mais entrar atopámonos cun esquelete xigante,  o primeiro que fixemos foi ir correndo a tocarlle.                                                                                                                              
                                                                                           
 De onde viña?


  quen era? 









como se chamaba?



quen o trouxo?


                    
para que era?







íase quedar na clase?







En milésimas de segundo xurdiron moitas preguntas, risas e inquedanzas. 
Na asamblea plantexaron diferentes nomes para o esquelete: que si Moreno, que si Xitana, que si Kati , ao final por maioría absoluta acordamos chamarlle Pepito. 






 Para que Pepito se sentira cómodo fixémoslle un rinconciño onde íamos poñer moitos libros que nos falaran del.


E no taboleiro da aula fomos
colocando todas as fichas 
que íamos facendo día a día.








DARLLE AS GRAZAS A TANIA, A MAMÁ DE SHEILA, QUE NOS DEIXOU UN LIBRO SOBRE O CORPO HUMANO

E SOBRE TODO, DARLLE MIL GRAZAS A PROFE CHÚS DE SECUNDARIA, E AO SEU NENO ANTÓN, QUE NOS DEIXARON MOITO MATERIAL SOBRE O CORPO HUMANO, LIBROS,XOGOS E UN PUZZLE. GRAZAS PROFE, UN BIQUIÑO ENORME.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS SON IMPORTANTES PARA NÓS