Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


25 may 2012

MIKA E PATO VAN DE VISITA

Chegar a un centro e adaptarse non é nada doado, mais complexo ainda cando un ten 3 aniños e se ten que separar da súa figura de apego e enfrentarse soiñ@ a un montón de cambios. 
Nesto consiste ir medrando, en ir superando barreiras e dificultades que nos van preparando para outras cada vez mais complexas e inevitables.
Na aula de 3 anos tivemos dúas mascotas moi especiais que nos axudaron a superar unha das barreiras máis difíciles, a incorporación á escola. 
Mika e Pato todas as mañás nos saudaban cunha cantiga e cun biquiño de bos días, convertíndose así nuns personaxes moi significativos para nós.
Un dos momentos máis especiais foi cando Mika e Pato viaxaron a todas as casas para coñecer ás familias.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS SON IMPORTANTES PARA NÓS