Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


6 jun 2013

Proxecto 100 anos de cine sonoro..."Singing in the rain"...



O alumnado de Educación Infantil temos moita sorte de poder contar coa colaboración do profesorado de secundaria do noso C.P.I. e @s seus alumn@s que nos miman e nos acollen en moitos dos seus proxectos.
 Esta vez foi a profe Mar Cuba a que nos convidou a participar nun fermoso vídeo dentro do proxecto 100 anos de cine sonoro que se levou a cabo durante este curso no centro.
Foi todo un éxito xa que @s nos@s cativ@s disfrutaron moito cos paraugas e as botas de auga bailando baixo a choiva.
Esperamos disfrutedes vendo estas imaxes tanto coma nós......Grazas profe Mar !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

OS VOSOS COMENTARIOS SON IMPORTANTES PARA NÓS