Con este vídeo os pequechos ribeiráns queremos decirlle ás nosas mamás o moito que as queremos. Moi feliz día mamás.
Páxina do Centro
Ola Bitacoriñas!!!
Benvidos ao nose Blogue!
Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.
Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.
Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:
Os vosos comentarios son importantes para nós.
Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.
Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.
Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:
Os vosos comentarios son importantes para nós.
5 may 2014
15 feb 2014
Rosalía Pequeniña...
Con motivo da conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro, @s nen@s de Educación Infantil aprenderon o poema " Rosalía Pequeniña", recollido no libro-disco de Uxía Senlle onde hai composicións adicadas á poeta de Padrón.
8 nov 2013
SAMAÍN NO CPI DA RIBEIRA
SAMAIN RIBEIRA - foto montaje
Chegou o Samaín ao CPI da Ribeira e veu cargado de moitas, moitas sorpresas.
Visitounos Mr. Drácula e as Draculauras, tivemos taller de maquillaxe e perruquería, disfrazámonos, fixemos fotos terroríficas e cociñamos unha merenda moi especial.
4 oct 2013
21 jun 2013
Lipdub Educación Infantil
O Equipo de Educación Infantil do CPI da Ribeira quere agradecer a todas as familias a confianza que despositaron en nós durante todo o curso, para elo embarcámonos nunha nova aventura , collémonos de cámara e creamos un LIPDUB para felicitar as vacacións, foron horas de grabación e sobre todo montaxe, pero con estes actores e un gran traballo en equipo é doado lucir sempre.
Esperemos que vos guste!!!
FELICES VACACIÓNS !!!!!
Festival de Fin de Curso
Aquí vos deixamos o vídeo do festival de fin de curso para que o disfrutedes dende as vosas casas con aquelas persoas que non puideron asistir.
Este curso decidimos facer un festival para todos os gustos e estilos, como puidestes ver, @s nos@s pequech@s péganlle a todo, bailaron realmente xenial, disfrutaron moito e meteron ao público no bolsillo.
Dende aquí agradecer á nosa diseñadora polo gran traballo de corte e confección de vestiario....con estes traxes Cibeles non nos da envexa ningunha....Gran traballo profe Mª Carmen !!!
Noraboa pequech@s !!!!
6 jun 2013
Proxecto 100 anos de cine sonoro..."Singing in the rain"...
O alumnado de Educación Infantil temos moita sorte de poder contar coa colaboración do profesorado de secundaria do noso C.P.I. e @s seus alumn@s que nos miman e nos acollen en moitos dos seus proxectos.
Esta vez foi a profe Mar Cuba a que nos convidou a participar nun fermoso vídeo dentro do proxecto 100 anos de cine sonoro que se levou a cabo durante este curso no centro.
Foi todo un éxito xa que @s nos@s cativ@s disfrutaron moito cos paraugas e as botas de auga bailando baixo a choiva.
Esperamos disfrutedes vendo estas imaxes tanto coma nós......Grazas profe Mar !!!
Amadriñamentos lectores 2013
A biblioteca do CPI da Ribeira organiza cada ano unhas xornadas nas que os máis grandes amadriñan e apadriñan ós máis pequenos.
Este fermoso vídeo foi sacado da biblioteca do noso centro, aquí volo deixamos porque : " unha imaxe vale maís que mil palabras ".
Moitas grazas profe Inés por compartilo , tamén agradecemos ao alumnado de 1º , 3º , 4º da E.S.O. e as exalumnas que están a estudar bacharelato no IES Ribeira do Louro por agasallarnos con estas xornadas tan bonitas.
24 may 2013
23 de Abril , día do libro
No día do libro ( 23 de Abril ), dende o Equipo de Normalización Lingüística do centro organizaouse unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro como motivo do 150 aniversario da publicación do seu famoso libro : " Cantares Galegos".
Aqueles que non puidestes asistir , podedes ver o acto na páxina do centro ou dende o seguinte enlace:
O alumnado de Educación Infantil participa nesta homenaxe facendo unha ilustracción do poema: "Campanas de Bastabales ". Esta ilustracción está baseada en cadros de famosos pintores galegos.
16 may 2013
Saída ao centro hípico Alazán....
Aquí vos deixamos as fotos da excursión que fixemos ao centro hípico Alazán, @s vos@s xinetes disfrutaron moito ainda que o tempo non acompañou.
Dende o noso blogue queremos agradecer ás monitoras da hípica o trato que nos deron, esperamos poder repetir a experiencia porque sen dúbida nos encantoú.
10 may 2013
8 may 2013
7 abr 2013
OS CABALOS
Durante este trimestre imos mergullarnos no mundo dos CABALOS, aquí vos deixamos un xogo interesante que mestura ocio e información sobre este animal. Dende a vosa casa podedes participar aportando todo o material que teñades sobre o tema, tamén invitamos a aquelas familias que teñan cabalos que se animen a darnos unha pequeniña charla.
10 mar 2013
POR FIN TEMOS PATIO !!!!
Despois de tres anos de peticións, rogos e súpricas POR FIN !!! temos patio de infantil.
Dende aquí agradecer ás persoas que o fixeron posible.
Agora estámolo mellorando, imos embarruntados para casa , pero mirade o moito que disfrutamos.....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)