Ola Bitacoriñas!!!

Benvidos ao nose Blogue!


Este vai ser o Caderno de Bitácora d@s nen@s de Educación Infantil do CPI da Ribeira.

Con esta páxina, pretendemos abrir unha fiestra para convidar as nosas familias, educadores e alumnado, a asomarse ás aulas de infantil e facer un seguimento de moitas das actividades que facemos na escola e que non se reflexan sobre o papel.

Espero que disfrutedes moito de todos estes momentos, e recordade:


Os vosos comentarios son importantes para nós.


17 abr 2012

A CONFERENCIA

Ao rematar o proxecto dos dinosauros, @s pequech@s sabían tantas cousas que quixeron compartilas c@s mais grandes do cole. 
Dende o noso blogue agradecemos ao alumnado de 4º da ESO e ao profesor de bioloxía, Xosé Antón, por adicar un anaquiño do seu tempo a escoitarnos, pero sobre todo, por facernos sentir importantes ao interasarse por aquelas pequenas cousas que sabemos e queremos transmitir.



No blogue de Xosé Antón podedes ver mais fotos desta conferencia http://ribeirensis.blogspot.com.es/search/label/Dinosauros , convidovos a que o visitedes porque é un blogue moi interesante no que podedes aprender moitas cousas. 


1 comentario:

  1. O importante é saber espertar e potenciar o interese pola ciencia e os descubrimentos nos cativos, cousa que vos sabedes facer dunha maneira impecable, noraboa!! ;)

    ResponderEliminar

OS VOSOS COMENTARIOS SON IMPORTANTES PARA NÓS